Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del
Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. ACEPTAR | Más información
Guindeira
 

guinda a guinda
facemos comunicación

OFRECEMOS GUINDAS
DE PRESTIXIO E Calidade

poñémoslle a guinda
ao teu traballo

Ideamos e organizamos eventos que son a guinda

Guindéirate connosco

 

Guindeira, que naceu no ano 2006 baixo o nome de SumaComunicación, ten como misión difundir as actuacións, proxectos e produtos dos seus clientes, así como reforzar a súa imaxe pública valéndose de estratexias comunicativas deseñadas e aplicadas de xeito particular.

O noso obxectivo é reforzar o prestixio económico e social dos clientes mediante a incorporación da comunicación á estratexia empresarial, institucional ou particular de quen demanda os servizos de Guindeira.

A longa experiencia profesional das xornalistas que lideran Guindeira, o rigor no traballo e unha sólida axenda de contactos sinálannos como a mellor opción para darse a coñecer mediante a prensa escrita e dixital, as diferentes emisoras de radio, canles de televisión e redes sociais.

Ofertamos plans de comunicación integrais nos que se inclúen os seguintes servizos, que tamén se poden contratar individualmente:

  • Consultoría en comunicación interna e externa.
  • Gabinete de prensa: redacción e difusión de comunicados; organización de roldas de prensa; cobertura de xornadas, seminarios, feiras empresariais e eventos similares; actualización dos contidos de páxinas web; seguimento da imaxe do cliente nos medios de comunicación e xestión de campañas de publicidade.
  • Campañas de relacións públicas.
  • Organización de eventos: noites de gala, xornadas, conferencias, congresos e actos semellantes.
  • Gabinete de crise: un dos nosos retos profesionais é reverter un problema nunha oportunidade comunicativa para os nosos clientes.
  • Posicionamento do cliente como fonte informativa.
  • Xeración de contidos para todo tipo de soportes comunicativos.

Agradecémoslles aos nosos clientes tanto a confianza depositada en Guindeira coma o diálogo aberto e constante que nos permiten establecer con eles.

A fluidez comunicativa entre Guindeira e as firmas que recorren aos nosos servizos é imprescindible para contribuír a fortalecer a súa imaxe. Un coñecemento amplo das actividades dos nosos clientes permítenos posicionalos axeitadamente mediante os medios de comunicación.

  • Os nosos clientes:

Guindeira deseña e produce eventos que reforzan a imaxe do seus clientes: desde conferencias e congresos ata encontros corporativos ou de colexios profesionais, incluídos o protocolo e discursos.

Ponte en contacto connosco e darémosche un orzamento dos servizos que precisas nun máximo de dous días.

  • Telf: 630.040.079 | 620.025.123